Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal de Tui recoñece mañá aos máis lectores de 2019

10/01/2020

Faráselles entrega dun lote de libros e un diploma coincidindo co Día dos Usuarios das Bibliotecas Públicas

A Biblioteca Pública Municipal de Tui recoñecerá mañá sábado, 11 de xaneiro, coincidindo coa Día dos Usuarios das Bibliotecas Públicas, aos seus usuarios máis lectores de  2019 nas categorías de infantil, xuvenil e adultos.

O acto está previsto ás 12.30 h nas instalacións da biblioteca tudense e contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Na categoría infantil Martina Castro Silva foi a usuaria máis lectora de 2019 coa retirada de 99 libros en empréstito, en segundo lugar estivo Xenxo Paramos Freiría con 88 libros. Na categoría xuvenil Gael Paramos Freiría levou en empréstito 90 libros ao longo de 2019, e Alejandro Martínez de Campos, leu 82 libros.  Por último na categoría de adultos Juan Domínguez Rocha leu 67 libros e José Carlos Garra Arangunde 60. Todos eles recibirán un lote de libros de agasallo e un diploma.

Amais mañá a biblioteca tudense obsequiará aos seus usuarios con exemplares dos libros que ten duplicados no seu fondo.