Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal de Tui pon en marcha o servizo de préstamo de e-reader

17/07/2012

A Biblioteca Pública Municipal de Tui pon en marcha un novo servizo  de promoción da lectura, neste caso a través dos novos formatos de lectura de libros electrónico, os e-book, por medio dos aparellos para a súa lectura, os chamados e-reader. A Biblioteca dispón de tres e-reader a disposición dos seus usuarios que teñen cargados arredor e-books, ou libro electrónico - unha publicación de texto, con ou sen imaxes, en formato dixital-.

 

De momento o préstamo destes dispositivos se realiza unicamente para a lectura en sala. O/a usuario/a solicitará o e-reader no posto de información e terá de presentar para retiralo en préstamo o carné de socio da Biblioteca ou o seu D.N.I. así como asinar o documento de aceptación das condicións de uso e cumprimento. Este servizo só poden usalo os maiores de 15 anos.

 

Para a concelleira de Cultura do Excmo. Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, con este novo servizo a Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa impulsando actividades e ofertas para o achegamento da lectura, tamén nestes novos soportes, a oso seus usuarios e ao público en xeral. O libro electrónico é un sector emerxente no ámbito da producción literaria e das bibliotecas pola súa vocación de espazo aberto ao acceso á cultura se agardan tamén que ofrezan contidos neste medio. E coa finalidade de aproveitar as vantaxes do libro electrónico e superar o nivel de descoñecemento que os usuarios poidan ter sobre o mesmo, a Concellería de Cultura tudense promove este préstamo dos e-reader ou dispositivos de lectura para que os usuarios se familiaricen con esta nova forma de acceso á lectura.

 

Ver folleto (PDF)