Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal celebra hoxe o “Dia do Libro Infantil” cunha proxección e un obradoiro de “Bookcrossing” para nenos

2/04/2012

A Biblioteca Pública Municipal de Tui súmase nesta xornada do 2 de abril á celebración do “Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil”, unha data que coincide co aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

 

Para a celebración desta xornada a Biblioteca Municipal tudense promove unha dobre actividade que terá lugar a partires das 17,30 horas desta tarde:

a)     En primeiro lugar se proxectara unha película de animación para rapaces ata os dez anos de idade.

b)     De seguido realizarase cos asistentes a esta proxección un obradoiro de “bookcrossing” ou “liberación de libros” a cargo dos nenos e nenas asistentes. Neste obradoiro se explicará sucintamente en que consiste esta actividade, que obxectivos pretende, etc. Deste xeito os rapaces participantes procederán á liberación de libros en diversos lugares da nosa cidade.  Trátase, en definitiva, de promover o libro e a lectura nos diferentes ámbitos da vida colectiva tudense.

 

Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta nova actividade a Biblioteca Municipal continúa avanzando na realización de actividades de promoción da lectura, explorando novos ámbitos de actuación como é agora o caso do “bookcrossing”.