Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Balance de actividades de antitabaquismo do Concello de Tui no día mundial sen tabaco.

30/05/2013

Mércores, 29 de maio de 2013. O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servicios Sociais do Concello de Tui está desenvolvendo un amplo traballo de prevención do consumo de tabaco dirixido a diversos sectores sociais coa finalidade de contribuír á erradicación deste consumo.

 

Así desenvolveuse un curso para deixar de fumar que rematou o 27 de marzo, facéndose o  día 14 de maio a primeira sesión de seguimento. A terapeuta que levou a cabo o curso mostrouse moi satisfeita na sesión de seguimento, xa que das 9 persoas que fixeron o curso 6 continúan sen fumar.

 

Dende a Concellería de Servicios Sociais, se anima a todas aquelas persoas que queiran deixar de fumar e non o conseguen, a participar neste tipo de cursos pois, en palabras da concelleira Olga Montes Moldes, este tipo de terapias que brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas son unha das ferramentas mais exitosas para lograr o abandono do tabaquismo. Por isto, consideramos que este tipo de cursos deberán de ter continuidade no noso Concello, polo que para o ano trataremos de levalo a cabo.

   

Recordar que cada ano, o 31 de maio, a OMS e asociacións de todo o mundo celebran o Día Mundial Sen Tabaco, dedicado a resaltar os riscos para a saúde asociados ao consumo de tabaco e promover políticas eficaces para reducir ese consumo. O tema do Día Mundial Sen Tabaco 2013 é a prohibición da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco. A epidemia mundial de tabaquismo mata cada ano a case 6 millóns de persoas, das cales máis de 600.000 son non fumadores que morren por respirar fume alleo.  

 

Este ano desde o Departamento de Prevención traballouse tamén nos Institutos o tema da publicidade enganosa do tabaco. Dicir que nun test que se lle pasou ao alumnado de 2º da ESO ao ítem “Como de fácil resultaríache obter, tabaco?”  o 99´8 % dos rapaces contestaron que é fácil conseguilo e que hai un fácil achegamento a esta droga. Isto fainos pensar que algo se está facendo mal a sociedade cando unha substancia prohibida para os menores, ten tan fácil acceso a eles.