Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Avelino Martínez, policía local do Concello de Tui, medalla de prata no Campionato de Judo de Portugal

27/11/2013

Martes, 26 de novembro. A pasada fin de semana celebrouse no pavillón multiusos de Odivelas (Portugal) o Campionato de Judo de Portugal, onde o policía local tudense Avelino Martínez acadou a medalla de prata na categoría de – 81 kg (50-54 anos).

 

Avelino Martínez, que nesta tempada participa nas filas do Judo Clube Valença, competiu contra os mellores judocas nacionais, e tras un duro combate contra quen se converteu ao final en campión, logrou o subcampionato portugués na súa categoría máster.

 

Este non é o primeiro éxito de Avelino Martínez no mundo do judo, dado que xa acadou dúas veces o Campionato de Europa de Policías e Bombeiros (EUROPOLYB), competición na que nas súas últimas participacións conquistou seis medallas de ouro e dous de bronce.

 

O Concello de Tui desexa felicitar a Lino Martínez polo éxito acadado neste campionato, así como o anima a seguir adestrando de cara as próximas probas nas que participe.