Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Aula UNED de Tui acollerá este mes un novo curso de lingua de signos

12/03/2014

Mércores, 12 de marzo de 2014. A Aula UNED de Tui acollerá do 21 de marzo ao 27 de xuño o curso “Lingua de Signos Nivel II” dirixido a persoas con nocións básicas de linguaxe de signos que desexen adquirir maior fluidez e novos coñecementos en lingua de signos española.

O curso, que se desenvolverá presencialmente nas instalacións da aula universitaria tudense, terá unha carga lectiva de 30 horas e un custe de 50 euros.

O curso, continuación dun primeiro nivel impartido na aula tudense durante o primeiro cuadrimestre, ten coma obxectivo que o alumno adquira novos coñecementos en dita lingua , obtendo unha maior fluidez e unha mellor expresión facial e corporal , á vez que aprenda vocabulario máis específico a través de actividades e casos prácticos.

O curso terá lugar tódolos venres de 18:30h a 21:00h para o cal estase a tramitar o seu recoñecemento con 1.5 créditos ECTS ou 3 créditos de libre configuración.

Todos aqueles que desexen inscribirse no curso , poderán facelo a través da páxina web da UNED-Pontevedra (www.unedpontevedra.com ), chamando por teléfono ao 986 85 18 50 ou dirixíndose ás instalacións da Aula UNED de Tui ( C/Antero Rubín s/n –Antigo Convento de Santo Domingo ) . O horario de atención ao público é de luns a venres ( excepto xoves) de 16h a 21h.