Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A aula CeMIT de Tui acolle un curso denominado “TV en Internet” do 21 ao 24 de Maio

15/05/2012

Este aula funciona como Aula Aberta de 10,00 a 13,30

 

A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Tui acolle na vindeira semana un novo curso de formación en materia audiovisual dirixido a todas as persoas interesadas neste novo ámbito profesional.

 

Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (antigo Telecentro) de Tui, situada na rúa Colón, 2 (Edificio Área Panorámica – primeiro andar), co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012.

 

Curso: Tv en Internet

Datos Xerais
Nivel: Básico
Prazas: 40
Número de horas: 16.0
Datas: 21 de maio de 2012 - 24 de maio de 2012
Horario: 10,00 a 14,00


Descrición : Os asistentes a este curso serán capaces de crear proxectos  multimedia e obter arquivos de vídeo / audio coa calidade axeitada para usar en Internet. Esta actividade está orientada fundamentalmente a futuros traballadores ou interesados no mundo da televisión en internet en xeral e que teñan nocións básicas sobre o tema e queiran ampliar as súas capacidades e coñecementos neste ámbito, así como a aquelas persoas cunha formación media de calquera tipo que desexen aprender sobre esta materia, abrindo novas vías de formación e emprego.

 

Para o Concello de Tui esta nova actividade amplía a oferta de formación que promove o Concello de Tui coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para favorecer a formación en novas especialidades e materia que atopan demanda no mercado laboral. Así este Aula vai funcionar como “Aula Aberta” en horario (de luns a venres) de 10,00 a 13,30 horas, agás cando existan cursos en que poderá modificarse este horario en función destas actividades formativas. Deste xeito o Concello promove o funcionamento deste espazo de tecnoloxías da información e á comunicación aberta ao público en xeral.