Até o 8 de febreiro pódese visitar na oficina de Turismo a mostra fotográfica “Expo Cuir”
Recolle os retratos realizados por Zoe Vixion no festival Agroguir
“Expo Cuir” é o título da exposición que Zoe Vixion presenta até o 8 de febreiro na Oficina Municipal de Turismo de Tui. Na mesma á través da fotografía reflexiona sobre os dereitos humanos, a diversidade e o respecto.
Profesional das artes escénicas, dirección, iluminación con numerosos reportaxes no seu currículo creou unha nova marca persoal Zoe viXión a través da que coas súas reportaxes busca normalizar a colectivos. Esta mostra, que agora se presenta en Tui, foi realizada no festival Agroguir reflectindo o respecto e a diversidade coma orixe da convivencia.
A concelleira de Igualdade e Turismo Ana Núñez, visitou a mostra xunto á persoa autora, convidando a visitala no céntrico Paseo da Corredoira. O horario de visita é de martes a domingo de 10.30 a 13.30 h e de 16 a 19 h.