Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Até o 22 de decembro aberto o prazo de inscrición no curso de Deshabituación Tabáquica

29/11/2023

Comezará en xaneiro en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro

Até o 22 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de Deshabituación Tabáquica que organiza o Concello de Tui, a través do departamento de Prevención das Drogodependencias, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro. 

As persoas interesadas en participar neste cursos para deixar de fumar pódense anotar persoalmente nas dependencias de Servizos Sociais, na casa do concello, no correo paula.ssociais@tui.gal ou no teléfono 986 60 36 25. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen deixar de fumar.  Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono. No curso poderán participar un máximo de 14 persoas. 

O curso consta de sete sesións cunha duración de hora e media cada unha, que se impartirán en horario de tarde.  No mes de xaneiro terá lugar unha primeira entrevista coa terapeuta e o curso comezará o día 15 de xaneiro. Este tipo de terapias brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas.