Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o venres están abertas as exposicións sobre as Clarisas e o Himno Galego

28/10/2008

ATA O VENRES PODEMOS CONTEMPLAR NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIONS “CINCO SÉCULOS DESPOSADAS...” E “O HIMNO. OS TEMPOS SON CHEGADOS”

 

Ata o venres 31 de outubro están abertas na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui senllas mostras organizadas pola Concellería de Cultura tudense.

Por unha banda, continúa aberta –con gran afluencia de visitantes- a exposición “Cinco séculos desposadas...” dedicada a conmemorar o quinto centenario das relixiosas clarisas tudenses. Esta exposición realiza un percorrido pola historia deste mosteiro tudense e pola forma de vida destas monxas clarisas a través de mías de sesenta obxectos de caracter artístico e litúrxico que conservanse no recinto conventual.

Ainda que este Mosteiro de Santa María da Concepción foi saquedo polas tropas francesas no decurso da ocupación da cidade en 1809 nesta mostra podemos contemplar os “tesouros” que se conservan tras os muros e celosias conventuais, especialmente obra artística de carácter relixioso e devocional. Salientan como principais pezas, senllas custodias, unha delas coa representación simbólica dun pelícano, diversas tallas barrocas, ou o libro ritual das profesións das monxas, en pergameo e miniado e datado en 1569 –cunha das representacións máis antergas dun gaiteiro-, etc. Pero xuntamente, hai espazo para contemplar outras pezas máis etnográficas como o antigo instrumental para a elaboración do seus afamados doces de amendoa, ou as cuncas de medidas de gran, etc.

Pola súa banda, a exposición “O himno. Os tempos son chegados” organizada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia. A mostra fai fincapé nalgúns dos trazos da identidade de Galicia, a través da súa xeografía, arquitectura, personaxes históricos e representacións. Ao tempo, fai un percorrido pola construción dunha iconografía propia a través dos símbolos: a bandeira, o himno e o escudo. O relato expositivo da mostra vai debullando en grandes paneis moi visuais algúns dos versos do poema de Pondal

O concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, amosa a súa satisfacción pola oferta diversificada que realiza esta Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, cunha exposición de producción propia, como é o caso da mostra dedicada ás Clarisas e que suliña que se trata dunha ocasión excepcional e única de coñecer as obras artísticos que custodian as “Encerradas” tudenses, e que conforman un conxunto singular do noso patrimonio. No caso da outra exposición proporciona o achegamento a un dos símbolos da Galicia, neste caso o noso himno baseado no poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal.