Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o 25 de Xuño está aberto o prazo de inscripción no programa diúrno de balenarios 2013-Coidarte (Deputación de Pontevedra)

12/06/2013

Mércores, 12 de xuño de 2013. O Programa Diúrno de Balnearios ten por obxecto proporcionar, as persoas nadas con anterioridade a 1963, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar que residan na nosa localidade, actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida. O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de Pontevedra. O Concello de Tui dispón de ata 100 prazas subvencionadas para participar neste programa.

 

O Concello de Tui ofrece a través do seu Departamento de Servizos Sociais o asesoramento preciso para realizar as correspondentes solicitudes daquelas persoas que cumpran o seguintes requirimentos:

 

  • Persoas nadas antes de 1963
  • Pensionistas da Seguridade Social.
  • Aquelas persoas que, mediante informe da traballadora social do concello, se estime necesario ofrecerlle situación de respiro familiar.
  • É requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía.

 

 

O prazo de solicitude é do 7 ao 25 de xuño e formalizarase no Departamento de Servizos Sociais na Casa do Concello de Tui.

 

Amais os usuarios no momento de iniciala actividade deberán achegar as seguintes cantidades segundo o centro escollido:

  • Balneario Termas de Cuntis: 70 euros
  • Balneario de Mondariz: 66 euros
  • Balneario Hesperia Isla de la Toja: 68 euros
  • Thalaso Atlántico de Oia: 63 euros
  • Spa Oca Galatea de Sanxenxo: 45 euros
  • Spa Norat Marina do Grove: 32 euros
  • Spa Torre do Deza de Lalín: 20 euros