Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o 20 de setembro está aberta a inscripción a dous cursos do programa "Actívate"

4/09/2013

Dirixidos especialmentre a mozos/as de 16 a 35 anos

 

 

Mércores, 4 de setembro de 2013. O Concello de Tui informa que ata o 20 de setembro está aberta a inscrición en dous curso do programa “Activate” da Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Tui, a celebrar na nosa cidade, en concreto

 

-           Aplicación de Técnicas de Seguridade e Primeiros Auxilios.

-           Coidados básicos para persoas maiores.

 

Estes cursos están dirixidos a mozos/as de 16 e 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhira ó programa. Tamén poderán cursar a súa solicitude dentro do prazo establecido aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasando a formar parte da lista de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes. A duración de cada curso é de 40 horas O número mínimo de persoas para levar a cabo o curso será un mínimo de 10 alumnos/as e un máximo de 25. De non ser así o curso quedaría anulado.

 

As solicitudes faranse a través dun modelo oficial de inscrición, que se poderá recoller nos concellos (no Concello de Tui – Departamento de Servizos Sociais), na Deputación Provincial ou descargar da páxina web, presentaranse no Rexistro do Concello de Tui onde o solicitante debe estar empadroado, Aqueles mozos/as que desexen participar en máis dun curso deberán cubrir un modelo de solicitude por cada un deles. Xunto á folla de inscrición achegarase unha fotocopia do DNI do participante e a fotocopia da tarxeta de demanda de emprego, se é o caso.

 

Coa realización destes cursos o Concello de Tui, agora coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, continua traballando a prol da formación como unha eficaz ferramenta para a inserción laboral dos mozos e dos desempregados tudenses.