Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Asinado o convenio para impartir na Aula da UNED de Tui o 1º Curso de Grao de Psicoloxía

24/09/2012

O pasado venres, 21 de setembro, na sede do Centro Asociado da UNED de Pontevedra, celebrouse a firma do convenio para o comezo do primeiro curso de grao da carreira de Psicoloxía, na aula universitaria da UNED en Tui.

 

O convenio foi asinado pola directora do Centro da UNED de Pontevedra, profesora Beatriz Rodríguez González, en representación do Padroado do Centro, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado pola concelleira de Cultura e Educación, Vanesa Rodríguez Pereira.

 

O comezo de Psicoloxía na aula Universitaria de Tui, facilitará, aos alumnos da zona de influencia da cidade fronteiriza, asistir ás clases presenciais desta carreira na aula, en horario e día que se informará oportunamente.

 

A matrícula realízase exclusivamente por Internet á dirección http://www.uned.es até mañá martes día 25 para os estudantes que se matriculan por primeira vez, sendo este prazo improrrogable, e até o 18 de outubro para os restantes alumnos da UNED.

 

No mesmo acto foi asinado tamén o acordo para impartir o grao en Administración e Dirección de Empresas na Aula da UNED de Lalín.