Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A artista plástica María Meijide expón a súa obra co calendario da Eurocidade como peza estrela

9/05/2019

Haberá serigrafías, metapintura e pintura de espazos íntimos

Este sábado, 11 de maio, ás 19.00h terá lugar na Sala de Exposición da Área Panorámica, a apertura da exposición de María Meijide, artista plástica, creadora do calendario da Eurocidade Tui-Valença.

A peza principal da mostra será o calendario da Eurocidade Tui- Valença encargado polo Concello de Tui hai meses, do que estarán expostas as pezas orixinais a acuarela e o proceso de edición, as pranchas de offset e as probas de cor. Destacou a artista que as obras deste calendario foron todas feitas ao natural “a través da memoria emotiva, das emocións que transmiten”.

A exposición contará con outras pezas, todas elas vinculadas a procesos de repetición e edición como é o caso do mapa emocional de Compostela e as pranchas deste.  Haberá tamén serigrafías, pintura de espazos íntimos e metapintura con carácter hedonista.

A mostra poderá visitarse dende este sábado,11 de maio,  até finais de mes.