Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Arce ‘Perro Viejo’ actuará no Espazo Feiral o sábado 15 nas Festas de San Telmo

1/04/2023

O rapeiro compostelán conta con milleiros de seguidores e actuará xunto a DJ Mesu e DJ Enter dende ás 22h da noite no Espazo Feiral

No marco dos eventos musicais das Festas de San Telmo, Tui tamén contará cunha programación especialmente dedicada ao público máis novo. Arce ‘Perro Viejo’, DJ Mesu e DJ Enter ofrecerán o sábado 15 no Espazo Feiral de Tui un concerto que mesturará os versos do rapeiro compostelán e as mesturas destes dous disc-jóckeys que amenizarán a festa até a entrada da madrugada. 

Arce é o nome artístico de Pablo Arce, rapeiro galego nado en Santiago de Compostela e que conta con milleiros de seguidores nas súas redes sociais. Dende o ano 2002 interpreta temas con rimas desenfadadas e ten publicados tres álbums de estudo, Luciffer, Pedigrí e Stand By, este último lanzado o pasado ano. No seu concerto en Tui cantará os seus temas máis importantes e o seu último lanzamento, o sinxelo Polbo, publicado este mes de marzo.

O encargado de abrir esa noite de festa e música urbana será o DJ galego Mesu. Adrián, que é como se chama este disc-jóckey, comezou a súa carreira profesional hai 8 anos ‘pinchando’ en discotecas galegas como Anubis ou Metropol en Tui. Dende entón, compartiu cabina con grandes da música electrónica como David Guetta ou Tom Boxer. 

Pola súa banda, DJ Enter conta con máis 11 de once anos nas cabinas, sendo un referencia en Galicia coas súas residencias na Sala Queen e Dux Sanxenxo. Detaca a súa colaboración con “El Completo RD”. Ten actuado en festivais coma H2O ou Sonorama Ribeira, así coma en cidades coma Ibiza, Madrid, Toledo e en distintos puntos do norte de Portugal. Será o encargado de por o fin de festa logo da actuación do rapeiro Arce, facendo bailar aos asistentes coas súas mesturas musicais até entrada a madrugada. 

A actuación de Arce conta co financiamento do Plan Concello da Deputación.