Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aprazada ata o mércores a homenaxe aos mundialistas do Kaiak Tudense

25/09/2012

O recoñecemento farase ás 20h no Teatro Municipal

 

A homenaxe aos mundialistas do Club Kaiak Tudense que estaba prevista para ás sete e media desta tarde queda aprazada ata este mércores, 26 de setembro, debido a un problema coa conexión área.

 

Deste xeito o mércores ás 20h n Teatro Municipal terá lugar o acto de homenaxe institucional e popular no que se recoñecerá a Iván Alonso, campión do Mundo de Maratón en k1 e k2, Óscar Graña e Ramón Ferro, campións do Mundo en c2, e Ana Varela e Carla Pérez que se clasificaron no lugar número 11 no Mundial de Roma en k2.

 

Dende o Concello de Tui convidan a asistir a este acto público que se celebrará o mércores ás 20h no Teatro Municipal.