Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Antonio Benítez, de Sevilla, gaña o certame “Relación home-muller 100% positiva”

27/11/2009

 

Antonio Benítez gaña o certame "Relación home-muller 100% positiva"

Este sevillano presentou unha serie de tres fotografías baixo o lema "Algunas parejas"

 

Venres, 27 de novembro de 2009. O sevillano Antonio Benítez Barrios é o gañador do certame fotográfico "Relación home-muller 100% positiva" convocado pola Concellería de Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero.  Antonio Benítez presentou unha serie de tres fotografías baixo o lema "Algunas Parejas" que o xurado eloxiou pola súa calidade. O premio foi para a segunda fotografía desta serie na que se retrata a unha parella ao final da súa vida nun anden de metro onde mentres el toca o violín ela lle suxeita a partitura.  Coma premio recibirá 350€ en metálico e dúas noites de estancia no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

 

Na categoría de adultos presentáronse un total de 14 fotografías procedentes de Tui, A Coruña, Mondaríz Balneario, Granada, Girona e Sevilla.

 

Na categoría de menores de 16 anos presentaron unha serie de 13 fotografías os alumnos de 6º da ESO do CEIP de Rebordáns sobre a educación e o feito de crecer en igualdade. Por este traballo o xurado, composto por Clara Torres, Manuel Martínez, Jose Font e Mónica Bugarín, decidiu premiar a toda a clase.

 

A exposición coas fotografías presentadas pode visitarse até o 11 de decembro  na planta baixa da Área Panorámica, a carón da oficina de turismo.

 

A Concelleira de Muller, Patricia Ricón, amósase satisfeita da participación lograda, superior á do ano pasado e con máis calidade. E salientou o traballo realizado en equipo polos alumnos e alumnas de 6º da ESO de Rebordáns que dicía terán premio para toda a clase.