Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Andaina Saudable Eurocidade – “Trilho Castelo da Furna”

7/11/2013

Este sábado 9 de novembro ás 10.00 horas españolas

 

Xoves, 7 de novembro de 2013. Este sábado, 9 de novembro, terá lugar unha nova edición das andainas saudables da Eurocidade 2013, “Trilho do Castelo da Furna” en Valença, organizada pola Eurocidade Valença-Tui.

 

Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Taião (Valença), tendo un percorrido de 13 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade moderada. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.45 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.

 

Pódese seguir toda a información na páxina:

 

http://www.facebook.com/pages/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables/490178017705157

 

Puntos de encontro:

·         Ás 09.45 horas españolas no parking do Lidl de Valença

·         Ás 10.00 horas españolas na Igrexa Matriz de Taião

*Axúntase cartel da andaina