Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Andaina “Monte das Penizas”, último percorrido do programa de andainas saudables da Eurocidade no Concello de Tui.

20/11/2013

Martes, 19 de novembro. O próximo domingo 24 terá lugar a última andaina do programa de andainas saudables da Eurocidade no Concello de Tui. Nesta ocasión, a andaina “Monte das Penizas” percorrerá a parroquia de San Xoán de Paramos, tendo a saída dende o Centro Cultural de Paramos, ás 10.00 horas españolas.

 

A andaina terá unha distancia de 8 quilómetros, cunha dificultade baixa e unha duración aproximada de dúas horas.

 

Para todos aqueles que non coñezan o punto de saída, quedarase no punto de encontro alternativo na gasolineira da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas, dende onde dirixiranse ao punto de saída.

 

O día 14 de decembro, o trilho Monte Faro rematará o programa das 17 andainas/trilhos saudables que a Eurocidade Tui-Valença ven organizando dende o pasado mes de marzo, no que xa participaron máis de 1.500 persoas.

 

O Concello de Tui e a Cámara de Valença xa están traballando no programa de andainas do próximo ano, que esperan supere o éxito de participación deste ano.