Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Alumnado de 6º de Primaria dos colexios de Guillarei, nº2 e Maristas recibe información sobre os efectos nocivos do tabaco

30/05/2023

O Servizos de Prevención das Drogodependencias imparte estes obradoiros con motivo do Día Mundial Sen Tabaco

Mañá, 31 de maio, é o Día Mundial Sen Tabaco, promulgado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1987, co obxectivo de informar e concienciar sobre os efectos nocivos e letais do consumo de tabaco e da exposición pasiva ao fume desta substancia.

Por este motivo o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, está levando a cabo uns obradoiros dirixidos ao alumnado de 6 de Primaria nos CEIP’s de Guillarei, no Nª 2  e no Colexio Maristas Santa María.

Nestes obradoiros o alumnado recibe información sobre os efectos nocivos do tabaco, e elaboran unhas cartas dirixidas a persoas fumadoras, animándoas a deixar o tabaco, ou agradecendo o esforzo a aquelas que foron quen de deixar este hábito. Unha selección destas cartas serán publicadas na  revista “Aprende a escoital@s” que edita este servizo.

O alumnado recibe tamén nestes obradoiro un material complementario da Asociación Española contra o Cancro, no que se incide no consumo de Cigarrillos electrónicos. Os novos dispositivos para fumar, son unha moda perigosa entre os máis novos, o consumo de cigarros electrónicos entre os estudantes de 14 a 18 anos sitúase no 22,8%. O seu uso pode ser a porta de entrada ao consumo de nicotina. Ademais, mais do 77% dos estudantes que fumaron tabaco recoñecen ter vapeado.