Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

A Aloiada 2020 ponse en marcha coa primeira reunión de planificación

6/11/2019

O Concello considera indispensable o apoio a este proxecto. Celebrarase en xuño de 2020

Onte martes, 5 de novembro, celebrouse na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui, a primeira das reunións de planificación do proxecto “Aloiada 2020”. Nesta actividade organizada polos oitos colexios de Tui, en colaboración co Concello de Tui, ao longo de dous días, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria de Tui, participan en diferentes actividades no medio natural, tanto no Parque Natural do Monte Aloia e no Monte Galiñeiro, como no río Miño.

Os e as representantes dos CEIP’s  Nº1 e Nº2, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Santa María Maristas, reuníronse coa concelleira de Educación, Sonsoles Vicente e co concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, co fin de confirmar o apoio do concello nesta actividade, así como para planificar as datas e os posibles obradoiros a realizar ao longo das dúas xornadas.

Os días 11 e 12 de xuño de 2020, serán as datas esperadas polos/as 200 alumnos/as e máis de 50 mestres/as, para manter esta convivencia no medio natural, realizando, entre outras, actividades de escalada, noos, primeiros auxilios, orientación, remo e piragüismo.