Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Alemán para todos os niveis na AULA UNED de Tui

11/10/2013

A Aula UNED de Tui acollerá este mes de Outubro dous novos cursos de Alemán.

Os cursos que se estenderán ata abril, terán unha carga lectiva de 30 horas e un prezo de 50 euros. 

 

Venres, 11 de outubro de 2013. O próximo 18 de outubro comezará, na Aula da UNED de Tui, o curso “Alemán II” que pretende achegar ao alumnado un coñecemento básico de alemán e desde un enfoque teórico-práctico, coas nocións máis avanzadas do devandito idioma. Por outra banda, o día 23 de Outubro, arrancará o curso “Alemán I”, dirixido a persoas sen coñecementos previos do idioma, que adquirirán nocións básicas da lingua alemán.

 

O alemán é un dos idiomas máis demandados na actualidade, debido ás oportunidades laborais que ofrece o mercado xermano, por iso ámbolos cursos pretenden ofrecer ao estudante a oportunidade de adquirir as estruturas gramaticais fundamentais da lingua, así como o vocabulario habitual de uso cotián, de modo que o alumno poida asimilar unha serie de competencias básicas que lle permitan desenvolverse no devandito idioma en situacións do día a día con certa soltura.

 

En ámbolos cursos  utilizarase unha metodoloxía principalmente comunicativa de modo que o estudante non só adquira coñecementos gramaticais, senón que aprenda a usar a lingua e a comunicarse no dito idioma.

 

Os dous cursos, cunha carga lectiva de 30 horas e un prezo de 50€, desenvolveranse presencialmente na Aula UNED de Tui. O curso de “Alemán 1” comezará o día 23 de Outubro e finalizará o día 9 de Abril de 2014, tendo lugar todos os mércores de 19:00h a 20:30h. Por outra banda, o curso de “Alemán II”, terá lugar todos os venres de 19:00h a 20:30h e estenderase do 18 de Outubro ao 11 de Abril.

 

Todos aqueles que desexen inscribirse no curso poderán facelo a través da páxina web da UNED-Pontevedra (http://www.unedpontevedra.com), ou por teléfono ao 986851850 ou dirixíndose ao edificio da aula UNED de Tui (R/Antero Rubín s/n-Antigo Convento de Santo Domingo). O horario de atención ao público é de luns a venres (excepto xoves) de 16h a 20h.