Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

AFAGA presenta unha exposición-concurso de antefaces no anexo da Sala Municipal de Exposicións

17/02/2023

Até o próximo mércores 22 as persoas que visiten a mostra poden votar pola que máis lle guste

Até o próximo mércores, 22 de febreiro, o Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez – antiga Área Panorámica – acolle unha exposición-concurso de antefaces de Entroido realizada por persoas usuarias dos centros de AFAGA, Asociación de Familiares de Alzheimer de Galicia.

No concurso participan un total de once centros de AFAGA, situados en Tui, Salceda, Ponteareas, O Porriño, Mos, Nigrán, Baiona, Vigo Sede, Vigo Beiramar, Chapela, e Redondela.

As persoas que visiten a mostra poden votar pola que máis lles guste na urna situada xunto a estas coridas creacións.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, salienta coma resulta moi satisfactoria esta nova colaboración entre a Concello de Tui e AFAGA que con esta actividade busca achegar o seu labor á cidadanía e paralelamente contribuír a unha valoración social da actividade que desenvolven os seus usuarios e usuarias.

O horario de visita é de luns a venres de 9 a 14 h e de 16 a 21 h e o sábado de 9 a 13 h.