Acto de entrega de Bolsas a Deportistas Tudenses de Alto Nivel
Luns, 23 de decembro de 2013. O pasado venres 20, ás 19.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, tivo lugar o acto de entrega das Bolsas aos Deportistas Tudenses de Alto Nivel.
Este é o segundo ano que o Concello de Tui aposta por estas axudas con fin de facilitar aos deportistas tudenses de elite a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de alto nivel, acadando así valorar a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da cidade de Tui en aqueles eventos deportivos de caracter nacional e internacional.
No presente ano o presuposto destas bolsas foi de 12.000€, variando os importes entre os 300€ ata os 1.500€, dependendo dos éxitos acadados no 2013 polos quince deportistas.
Os deportistas beneficiarios das bolsas son:
- Iván Alonso Lage
- José Luís Bouza Pregal
- Óscar Carrera Amandi
- Nuria Domínguez Asensio
- Leticia Fernández Barbosa
- Cristian Fernández Pumar
- Manuel Garrido Barbosa
- Jesús González Álvarez
- María Cristina González Álvarez
- Diego Piña Esteves
- Leticia Piña Esteves
- David Prada Fernández
- Alfonso José Riveiro Cabaleiro
- Gustavo Rodríguez Iglesias
- Valeria Romero Gómez
No acto estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, xunto a outros concelleiros de Tui, así como os deportistas que reciben as bolsas.