Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Actividades infantís, cinema e teatro no xoves das Festas de San Telmo

24/04/2019

A programación das festas de San Telmo mañá xoves comeza coas actividades infantís, que cambiaron de emprazamento, e se celebrarán de 11 a 13 h no Centro Sociocomunitario de Tui, na rúa Colón. Os cativos e cativas de 5 a 16 anos elaborarán mañá imáns realizando o seu deseño.

 

Ás 16.30 h terá lugar a proxección da película “Capitán Calzoncillos” dentro da programación de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.

 

Dentro da XI Semana de Teatro Amador mañá xoves, ás 21 h, será a quenda do grupo de teatro Chirlomirlo  no Teatro Municipal de Tui que estreará “Miles gloriosus”.  As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€.

Continua a Festa do Meixón

Até o luns continua en seis establecementos tudenses a Festa do Meixón.  Nos mesmos podese desgustar unha ración de meixón, con pan unha copa de viño da adega Vimbio ao prezo de 55 €. Os locais participantes son Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, La de Manu, e o Parador de Turismo San Telmo.

 

Tui – Festas de San Telmo

Xoves 25

  • 11.00h-13.00h No Centro Sociocomunitario de Tui actividades infantís - *Entrada libre até completar capacidade.
  • 16.30h-18.00h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (porta 10) cinema infantil “Capitán calzoncillos. La película” con En Un Tris Trás - *Entrada libre até completar capacidade.
  • 21.00h-22.10h No Teatro Municipal XI Semana de Teatro Amador San Telmo co grupo de teatro Chirlomirlo da A.C.D. Xuntanza de Randufe. Estrea de “Miles gloriosus”.