Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Actividades en Novembro da Biblioteca Municipal: o mércores 13 maxia para nenos e o lúns 23 obradoiro de contacontos para pais

16/11/2009

ACTIVIDADES EN NOVEMBRO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL: MAXIA PARA NENOS E OBRADOIRO DE CONTACONTOS PARA NAIS E PAIS

 

Luns, 16 de novembro de 2009. A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa a desenvolver o seu programa de actividades de animación e promoción da lectura e neste mes de novembro oferta dúas actividades de diferente signo e para destinatarios distintos:

 

  • O vindeiro mércores, 18 de novembro ás 17,30 horas, e na súa oferta de actividades de animación para os seus usuarios máis cativos a Biblioteca ofrece un espectáculo de maxia para os máis pequenos titulado "Ledicias" e que correrá a cargo do grupo "A ill@ dos nen@s", no que un mago fará as ledicias dos cativos cos seus xogos máxicos.

 

  • Por outra banda o luns 23 de novembro de 18,30 a 20,00 horas desenvolvérase un obradoiro de contacontos para nais e pais a cargo de Amalia Perez Otero, unha docente experta nestes temas de animación á lectura. Analizaranse os aspectos positivos da lectura e dos libros na casa, os libros que a literatura actual ofrece no tocante a libros para nenos. Asimesmo, os pais poderán aprender dun xeito divertido a contar e inventar contos aos fillos coa finalidade de que sexa un momento de encontro entre eles e os pais e , asemade, fomentar o gusto pola lectura.

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con esta nova oferta de actividades a Biblioteca Municipal continúa a traballar a prol da proxección da lectura coma unha das ferramentas básicas para a formación da persoa e coma unha oferta para o lecer.

 

Estas actividades realízanse ao abeiro do programa Letras Vivas que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.