Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Abren as inscricións para as escolas deportivas de patinaxe, fútbol e balonmán

20/09/2012

Están subvencionadas pola Deputación de Pontevedra no Concello de Tui

 

A concellería de deportes do Concello de Tui, que dirixe Nicolás Lorenzo Montes, informa que neste novo curso contaremos no Concello de Tui coas Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra. As mesmas, que teñen carácter gratuíto, contarán coas tres modalidades deportivas dos anos pasados:

 

  • Patinaxe, en coordinación coa Federación Galega de Patinaxe,
  • Balonmán, a través da Federación Galega de Balonmán e o Club Balonmán Tui, e
  • Fútbol, a través da Federación Galega de Fútbol e o Club Deportivo Ribadelouro

 

INSCRICIÓN PATINAXE

 

A vindeira semana abre xa o prazo de inscrición na Escola Deportiva de Patinaxe. A actividade de patinaxe, que o ano pasado contaba con máis de 140 nenos/as, continuará nas instalacións do IES de San Paio, os mércores e os venres, e irá dirixido a participantes de 5 a 15 anos.

 

As inscricións levaranse a cabo nas seguintes datas, presentando a ficha de inscrición adxunta cumprimentada:

 

  • Patinadores/as participantes nas escolas deportivas no ano 2011-2012, inscribiranse os días 24, 25 e 26 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, no Concello de Tui.
  • Patinadores/as novos/as, inscribiranse os días 27 e 28 de setembro, dende as 09.00 ata as 14.00 horas, no Concello de Tui.

 

BALONMÁN

 

Con máis de 200 participantes na tempada 2011-2012, a actividade de balonmán seguirá sendo subvencionada pola Deputación e realizada polos monitores do Club Balonmán Tui.

 

As inscricións poderanse realizar directamente nos colexios, presentando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.

 

FÚTBOL

 

Esta tempada 2012-2013, a actividade de fútbol realizarase no Campo Municipal de Ribadelouro, cos monitores do Club Deportivo Ribadelouro. A actividade irá dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos, sendo totalmente gratuíta.

 

As inscricións realizaranse no Concello de Tui, presentando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada, dende o luns 24 ata o venres 28, de 09.00 a 14.00 horas, ou no Campo de Fútbol de Ribadelouro, de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas cos responsables do club.

 

Dependendo do número de inscritos nesta actividade, realizaranse os diferentes grupos por tramos de idades.

 

PRESENTACIÓN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

 

O mércores 3 de outubro, as 17.00 horas, no Novo Pavillón Deportivo Municipal, realizarase a presentación das escolas deportivas, onde os responsables da Federación Galega de Patinaxe, Federación Galega de Balonmán, Club Balonmán Tui e Club Deportivo Ribadelouro, explicarán a dinámica da actividade, así como os grupos e horarios a realizar.