Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo de inscrición no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui até o próximo sábado 15 de outubro

8/10/2022

A Biblioteca Pública Municipal de Tui ten aberto, ata o vindeiro venres 15 de outubro, o prazo para a inscrición das persoas interesadas no Club de Lectura de adultos.

Un club de lectura é un grupo de persoas que se reúnen periodicamente para comentar un mesmo libro. Cada un le de xeito individual na súa casa e despois, nas reunións do Club, comparten opinións e debaten os distintos aspectos do texto: as personaxes, o seu significado, o estilo literario, etc. Os libros son aportados pola Biblioteca Municipal de Tui. O persoal da Biblioteca actuará  como coordinador e moderador do club.

Non é necesario sen un gran lector ou lectora, simplemente ter ganas de ler e animarse a participar nas reunións do club que se establecen cunha periodicidade quincenal.

As persoas interesadas poden inscribirse en liña no formulario dispoñible na web da biblioteca municipal tudense https://www.bibliotecaspublicas.es/tui/Servicios/Club-de-lectura.html ou enviando un correo a biblioteca@tui.gal ou persoalmente na propia biblioteca.

A concelleira de Ensino e Cultura do concello tudense, Sonsoles Vicente Solla, sinala que esta convocatoria se enmarca dentro das actividades de promoción da lectura que desenvolve a Biblioteca Municipal tudense para facilitar o acceso á lectura da cidadanía e dinamizar este centro bibliotecario.