Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberta a exposición dos traballos con concurso fotográficos "Relación home/muller 100% positivo"

27/11/2008

Na tarde do martes foi inaugurada no anexo da Sala de Exposicións Municipal de Tui, na Área Panorámica, a exposición "Relación home/muller 100% positiva" organizada polos Servizos Sociais co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero.

    Participan un total de 17 fotografías, e o premio dotado con 200€ foi para a fotografía titulada "El, ela e o Alzheimer" da autoría de Araceli Carballido Ferreiro, que plasmou na foto aos seus avós que levan 61 anos casados.

    A Concelleira de Servizos Sociais, Patricia Ricón, explicaba que a loita contra a violencia de xénero é un traballo diario que se realiza ao longo do ano, destacando que dende os Servizos Sociais estase a traballar moi en serio, agradecendo a labor e colaboración por parte da Garda Civil. Quixo pór tamén o aceno en que hai máis parellas cunha boa relación, e isto é o que ten que imperar.