Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aben as suas portas a Oficina Municipal de Turismo e as Piscinas Municipais

18/06/2008

Abriu as súas portas a Oficina Municipal de Turismo na Praza da Inmaculada

Dúas bolseiras de turismo subvencionadas polo Padroado de Turismo Rías Baixas atenderán aos visitantes

Dende onte, 17 de xuño, está aberta a Oficina Municipal de Información Turística de Tui, na Praza da Inmaculada. Dúas persoas, bolseiras en Turismo subvencionadas polo Padroado de Turismo Rías Baixas, encargaranse de atender nos meses de verán aos visitantes que se acheguen ata a cidade.

A oficina permanecerá aberta de luns a venres en horario continuo de 10 a 20h, mentres na fin de semana pechará unha hora ao mediodía atendendo ao público de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h.

Na Oficina Municipal de Información Turística de Tui os visitantes da cidade poderán obter toda a información que precisen sobre os lugares de interese na cidade coma a Catedral, o Conxunto Histórico, o río Miño ou o Monte Aloia. Neste punto poderán obter tamén información sobre establecementos hoteleiros, actividades culturais...

Apertura das Piscinas Municipais

Por outra parte tamén dende onte están abertas as piscinas municipais de Tui, segundo informan dende a Concellería de Comercio, Turismo, Parques e Xardíns.

As piscinas abren todos os días dende a unha do mediodía até ás oito da tarde. O prezo para menores de 18 anos e xubilados é de 1,50€, e para maiores de 18€ é de 2€.

Por outra parte esta mesma Concellería, segundo informaba a súa responsable, María José Rosada, rematou onte de acondicionar a praia fluvial de Guillarei.