Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

8º Andaina saudable Eurocidade 2013 "Monte Tetón"

26/06/2013

Mércores, 26 de xuño de 2013. Este domingo, 30 de xuño, ás 10.00 horas españolas, e dentro do programa Xuño Activo da Eurocidade Tui-Valença, terá lugar o oitavo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013: “Monte Tetón”, que terá a súa saída dende a Ermida de San Mamede ou San Nomedio na parroquia de Malvas.

 

A andaina percorrerá unha distancia de 10 qm, sendo o grado de dificultade baixo e tendo unha duración aproximada de dúas horas.

 

Para todos aqueles que non coñezan o punto de saída, quedarase no punto de encontro alternativo na gasolineira da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas, dende onde dirixiranse ao punto de saída.