Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

6ª Andaina Saudable Eurocidade 2013 "Camiño do Louro"

24/05/2013

Mércores, 22 de maio de 2013. Este domingo 26 de maio, ás 10.00 horas españolas, terá lugar o sexto percorrido do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013 “Camiño do Louro”. Sairá dende o Palco da Música no Paseo da Corredoira de Tui, e contará coa participación, ademais dos habituais camiñantes destas andainas saudables, dos acompañantes dos participantes na II Eurocidade BTT.

 

Esta sexta andaina percorrerá unha distancia de 12 km, sendo o grado de dificultade baixo e tendo unha duración aproximada de tres horas.

 

Dende o Concello de Tui anímase a participar nestas andainas saudables, nas que participaron xa unha media de 100 persoas nas anteriores.

Cartel Eurocidade BTT