Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

3.600 persoas disfrutaron da programación celebrada no Teatro Municipal durante as festas de San Telmo

11/04/2013

Mércores, 10 de abril de 2013. 3.600 persoas disfrutaron da programación celebrada no Teatro Municipal durante as festas de San Telmo. O primeiro dos actos desenvolvidos neste  espazo foi a Coroación das Raíñas e a lectura do pregón das festas a cargo de Rosendo Bugarín que congregou a máis de 500 persoas o sábado 30 de marzo.

 

Ao día seguinte, domingo 31, máis de 1000 persoas pasaron polo Teatro para presenciar o Festival Folclórico Festas de San Telmo.

 

Por outra parte dende o luns 1 ao sábado 6 de abril 1.625 espectadores disfrutaron da V Semana do Teatro Afeccionado cun máis que notable éxito de público.

 

Xa na fin de semana grande das festas o domingo 7 de abril a Banda de Música Popular de Tui ofreceu no Teatro Municipal un concerto que estaba previsto ao aire libre pero que por mor da choiva se tivo que trasladar a este espazo. Contou con 175 persoas de público.

 

E por último o luns 8 de abril, Luns de San Telmo, foron más de 300 as persoas que disfrutaron do concerto que ofreceu a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.

 

Dende a concellería de Cultura amosa a súa satisfacción por esta gran resposta do público as actividades celebradas durante as festas. Salientan amais a boa acollida que teñen as representación de teatro que realizan os distintos grupo de teatro afeccionado da cidade cunha media  de 270 espectadores.

 

Lembran dende o departamento de Cultura que o próximo venres 19 de abril comeza a programación no Teatro Municipal na que haberá sete espectáculos ata o 24 de maio. Esa programación pode consultarse na Axenda Cultural Corredoira ou na web www.culturatui.info