Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

25 Persoas participaron nun curso de técnicas de seguridade e primeiros auxilios do programa actívate 2013

19/11/2013

A actividade, clausurada onte, forma parte do programa “Actívate” da Deputación de Pontevedra

 

Martes, 19 de novembro de 2013. Onte, luns 18 de novembro, tiva lugar no Centro de Formación do Concello de Tui o acto de clausura do curso de “Técnicas de seguridade e primeiros auxilios” realizado en Tui ao abeiro do programa Actívate 2013 que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha para mozos da provincia de localidades de menos de 50.000 habitantes.

 

O curso “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios” tivo unha carga lectiva de 40 horas impartidas a un total de 25 alumnos no Centro de Formación do Concello de Tui. A segunda actividade formativa que o Concello escolleu como parte do programa Actívate 2013 é “Coidados básicos para persoas maiores” que comezará de inmediato e que pecha así a programación deste ano.

 

O alcalde Moisés Rodríguez e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, acudían onte á clausura do curso no que 25 mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, ambos inclusive, acadaron unha certificación formativa na área de seguridade e primeiros auxilios tan demandada para a meirande parte das ofertas de traballo actuais.

 

Con este novo curso agora rematado o Concello de Tui continúa apostando por unha ampla oferta formativa imprescindible neste momento de crise para mellorar as capacitacións profesionais e as posibilidades laborais dos cidadáns.