Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

1ª Andaina Saudable da Eurocidade “TRILHO DA CARVOEIRA”

9/03/2012

Será mañá sábado en Boivão (Valença)

 

Cunha distancia de 7,8 qms é un percorrido paisaxístico-cultural que se desenvolve nas freguesías de  Boivão e Gondomil. O punto de encontro está marcado na Igrexa Matriz ou Parroquial de Boivão, ás 10.00h e a saída ás 10.30 horas de mañá sábado 10 de marzo. O tempo estimado do percorrido é de 3h30m.

A andaina será acompañada por guías que darán a coñecer os puntos máis interesantes do percorrido, nomeadamente do patrimonio, lendas e tradicións, fauna e flora local.

 

O primeiro punto é a Igrexa Matriz de Boivão consagrada a Santiago, unha veneración ao apóstolo que pode ser sentida, tamén, na pasaxe da Quinta Vela onde ata o século XVII estaba a primitiva igrexa. Terra de canteiras, hai séculos que o granito é parte da paisaxe nas casas rústicas, os postes das viñas, os muros das propiedades ou os vellos camiños cas gastadas laxes graníticas.


O Trilho da Carvoeira é un percorrido marcado por unha chea de lendas e tradicións,  especialmente  a da Princesa de Boivão, celebrada polo escritor Alberto Pimental, a Truta da Rainha, a do Penedo da Fontanela e das Pegadas de Nosa Señora.


Esta é unha oportunidade para apreciar a cultura, o patrimonio e as paisaxes do antigo concello de Fraião e Coto Monástico de Sanfins, de que Boivão e Sanfins fixeran parte.


Trátase dun percorrido de pequena rota, de características paisaxístico-cultural grao de dificultade fácil.

 

Esta andaina é a primeira do programa de 14 percorridos organizados para todo o ano 2012 polas concellerías de deportes da Eurocidade Tui – Valença.

Coordenadas do Punto de Partida: 42° 0'32.50"N/8°32'15.83"W (Ver en Google Maps)