Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ás 17.30 h comeza o XXXV Desfile Concurso de Entroido

13/02/2024

Todo preparado para gozar deste Martes de Entroido, festivo local en #Tui

Ás 17.30 h comeza nas rúas novas da cidade o XXXV Desfile Concurso de Entroido

A orde de participación das comparsas será a seguinte

1. Asociación Cultural Arume de Malvas de Tui con “As fochancas da Panorámica de Tui”

2. Asociación Diocesana Escutismo Tui-Vigo de Tui con “Case Nunca Máis”;

3. Asociación Cultural de Pontellas do Porriño con “A natureza e a súa maxia”

4. Asociación Cultural O Borralliño de Soutelo de Salceda con “Terra dos mil segredos”

5. Charanga Cantos Somos de Tui con “Cantos somos… o mercado gourmet”

6. Asociación do Centro Cultural Parada do Miñor de Nigrán con “Os Camaleónicos”

7. Asociación Comparsa Os Choqueiros de Redondela con “Comparsa Os Choqueiros A Nosa Tribu”

8. Asociación Os da Casa de Vigo con “Pop Art Andy”

9. Asociación A Pandilla de Pontecaldelas con “La Pandilla en Las Vegas”

10. Asociación Carnavales de Mañufe de Gondomar con “Bahaus, fantasía racional”

11. Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei de Tui con “Forzas militares”

12. Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño con “Comparsa Luces, fantasía da Flor de Loto”.

Mentres o xurado delibera e tras a entrega de premios actuará o Grupo Unión y Fuerza.

 

Debido á celebración do Concurso-Desfile de Entroido hoxe martes 13 ,haberá ás seguintes restricións de tráfico:

  • Das 14 h e até as 21 h, as seguintes rúas estarán pechadas ao tráfico, coa conseguinte prohibición de estaciona mento nos viais polos que discorre o Desfile, así como os tramos que quedan no seu interior: rúas Mártires de Sobredo, Casal Aboy, Compostela, Betanzos, lrmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo .
  • Dende ás 14 h e até ás 21 h as rúas Augusto González Besada e Calvo Sotelo terán dobre sentido de circulación, polo que non se poderá estacionar nas mesmas dende ás 10 h.
  •  No aparcamento municipal non se poderá aparcar na zona marcada en verde no mapa até o mércores 14 ás 8 h