Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

12ª Andaina Eurocidade 2012 – Muíños de Paredes

25/10/2012

O domingo 28 de outubro ás 09.00 horas españolas

 

O próximo domingo 28 realizarase a duodécima Andaina Saudable Eurocidade 2012, “Muíños de Paredes - Rebordáns”, organizada pola Eurocidade Valença – Tui.

 

O punto de encontro será a Igrexa da Virxe do Camiño (Rebordáns), ás 09.00 horas (españolas). Para todas aquelas persoas que non coñezan esa localización, quedarase ás 09.00 horas españolas na gasolineira da Repsol do Parador de Tui. O percorrido terá unha duración de aproximadamente 3 horas e o grao de dificultade é baixo.

 

Punto de encontro:

IGREXA DA VIRXE DO CAMIÑO (REBORDÁNS)

Coordenadas: 42º 3'57" N / 8º 38'19" O

 

Con esta andaina rematan o conxunto de andainas realizadas no Concello de Tui, aínda que restan dous trilhos na Cámara de Valença, o día 10 de novembro e o 8 de decembro.

 

O Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, felicita a todas aquelas persoas que participaron nestas andainas saudables, así como  agradece a colaboración da empresa GADIS, que colaborou co avituallamento das marchas no noso concello, Protección Civil de Tui e a Cruz Vermelha de Valença, por proporcionar a seguridade nestas actividades.

 

Dende a Concellería de Deportes de Tui xa se está a traballar, xunto aos responsables de deportes da Cámara de Valença, no calendario de Andainas-Trilhos Saudables Eurocidade 2013.