Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

10º Andaina saudable Eurocidade 2013 "Alto de San Xiao"

24/07/2013

Martes, 23 de xullo de 2013. O próximo domingo 28 de xullo, ás 10.00 horas españolas, terá lugar o décimo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013 “Alto de San Xiao”, que terá a súa saída dende a Casa Forestal do Monte Aloia.

 

Esta décima andaina percorrerá unha distancia de 8 km, sendo o grado de dificultade baixo-medio e tendo unha duración aproximada de dúas horas.

 

Para todas aquelas persoas que non coñezan o punto de encontro, quedarase ás 09.45 horas españolas na estación de servizo ao carón do Parador de Tui, dende onde partiremos ata o punto de saída, onde repartirase o avituallamento habitual e selarase o pasaporte.