Presentación do V Concurso de Gaita e Tamboril e Día da Muiñeira
3/07/2019
Mañá xoves, 4 de xullo, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o V Concurso de Gaita e Tamboril e o Día da Muiñeira que se van celebrar esta fin de semana en Tui.
Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Educación e Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Conchi Sales, Raquel Hernández Fernández e Verónica Morais Olalla, presidenta, secretaria e vogal da Asociación San Telmo, organizadora dos eventos.
Presentación do Concurso de Gaita e Tamboril e do Día da Muiñeira
- Xoves, 4 de xullo, ás 11 h
- Na sala de reunións da casa do concello