San Telmo 19 - Pregoeiro
O pregoeiro das Festas de San Telmo 2019 é Carlos Pérez-Fonterosa.
Carlos Pérez-Fonterosa Antón é un recoñecido comerciante de Tui, agora xubilado, que fixo da súa afección aos selos a súa paixón. Despois de 81 nos como coleccionista atesoura miles de selos, sendo a súa colección sobre o Camiño de Santiago unha das máis valiosas do noso país, gañando varios certames. Esta colección do Camiño, viaxou recentemente ata a China da man da Embaixada Española naquel país. Este filatelista tudense que, cumpre neste o próximo mes de agosto 90 anos, continúa cultivando unha afección que naceu de neno, e que o levou xunto con outros once amigos a fundar ao Grupo Filatélico e Numismático tudense, do que foi o presidente durante sete anos. Foi tamén tenente de alcalde do Concello de Tui durante o mandato do alcalde Casal Aboy.
Na súa longa traxectoria no mundo da filatelia conseguiu para Tui a edición de oito selos dedicados a distintos monumentos ou lugares do municipio, algo do que se sinte “especialmente orgulloso”.
A lectura do pregón ten lugar o sábado, 20 de abril, ás 19 h no Teatro Municipal.