XXII Feira do Libro Galego
Data:
17/05/2019
Lugar:
Paseo da Corredoira
O Paseo da Corredoira acolle o venres, 17 de maio, de 12 a 20.30h a XXII Feira do Libro Galego coa participación das Librarías Iris e Espazo Lector Nobel.
O Día das Letras Galegas deste 2019 está dedicado a Antón Fraguas
Máis de dúas décadas leva Tui festexando as nosas letras coa Feira do Libro Galego coa colaboración das librarías locais. O amplo traballo editorial na nosa lingua queda reflectido nos 16 postos distribuídos ao longo do céntrico paseo tudense.
Programación
- 12:00 h Acto de apertura a cargo da escritora Iria Misa
- 12:10 h Grupo de pandereteiras As D’abadía da Asociación Cultural A Insua de Caldelas
- 12:30h Concerto familiar de Urdime con “Fantasía musical”
- 13:30 h Banda de gaitas “Lembranzas da Terra” de Guillarei
- 16:00 h a 19:00 h Obradoiro de marcapáxinas con “En un Tris Tras”
- 17:30 h Grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro
- 18:00 h Coral Ponte das Febres
- 18:30 h Contacontos de Culturactiva con “Bandullo azul:Flipa cos contos”
- 19:30 h Teatro de rúa de Culturactiva con “Saaabor”
- 20:30 h Coral do Centro Sociocomunitario de Tui