O Concello de Tui apoiará aos deportistas tudenses que compiten a nivel internacional
As solicitudes poderán presentarse unha vez publicadas as bases no BOP
O Concello de Tui convoca as bolsas para os deportistas tudenses, cuxas bases reguladoras serán publicadas a próxima semana no Boletín Oficial de Pontevedra. Este ano contarán cun orzamento de 10.000€. O seu obxectivo é facilitar aos deportistas tudenses a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de máis alto nivel, acadando así valorar a súa especial dedicación ao deporte e á súa vez á difusión que realizan da cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.
Para acceder a estas bolsas, será necesario ser deportista federado, estar empadroado no Concello de Tui e ter participado en competicións de carácter oficial e internacional, segundo o cadro de baremación das bases.
O prazo de presentación das solicitudes será de dez días hábiles dende a publicación da convocatoria no BOP, entregando toda a documentación solicitada por rexistro de entrada na secretaría do Concello de Tui. A información das bases e os formularios de solicitude pódense recoller na mesma secretaría da casa do concello ou descargarlas na paxina web municipal tui.gal.
Consulta bases bolsas deportistas - impreso solicitude