Xornadas Europeas da Cultura Xudía. Microrelatos "A dúbida de Francisco Sánchez"
Xornadas Europeas da Cultura Xudía 2018 #AEPJ2018 #storytelling2018
Microrelatos "A dúbida de Francisco Sánchez"
O filósofo Francisco Sánchez era fillo de Antonio Sánchez. Nacería en Tui no ano 1550, o seu pai chegaría a ser médico do cabido catedralicio entre 1558 e 1564. A súa orixe xudía o forzaría a fuxir a Burdeos cara 1569. Francisco continuaría os seus estudos en Roma e logo en Montpellier. Nos seus libros médicos lembraba ao seu tío Adan Francisco, en Valença dando paseos ata Tui case todos os días. A súa contribución filosófica radica na súa obra Quod Nihil Scitur, que nada se sabe, onde practica un escepticismo total, precedente da dúbida metódica de Descartes. Deste xeito o filósofo e médico que naceu e viviu en Tui a mediados do século XVI se transformou nun referente da filosofía renacentista europea.
(Autor do texto Suso Vila)