Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un grupo de estudosos, interesado en potenciar unha ruta xudía tranfronteiriza, percorreu esta mañá o barrio xudeu de Tui

4/07/2018

Onte á mañá visitaron Tui un grupo de académicos interesados na potenciación dunha ruta xudía no territorio transfronteirizo que abranguería Porto, Tui, Ribadavia, Chaves e Bragança.

En Tui, da man do historiador tudense Suso Vila, puideron coñecer o importante legado da comunidade xudía na cidade nun percorrido que comezaron na antiga zona da Oliveira – hoxe en día convento das Clarisas -, e que proseguiu visitando os restos da sinagoga na rúa Ordóñez, e a Catedral onde puideron admirar as pezas dos prateiros xudeus que se conservan no museo catedralicio, así coma o menorá do claustro, que é testemuña da relación que existía entre a comunidade xudía e a cristiá..

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, acompañou a esta trintena de persoas no seu percorrido pola cidade.

Cómpre lembrar que a Ruta Xudea está recollida tanto nun folleto turístico coma sinalizada dende a praza da Inmaculada, podendo a través dos sinais e códigos QR realizar un percorrido polo patrimonio xudeu que conserva a cidade.