Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Reunión informativa sobre a modificación puntual do PXOM no polígono de Ribadelouro

25/01/2017

O próximo luns, 30 de xaneiro, ás 19h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar unha reunión informativa sobre a “Modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito dos sectores sub2A e SU2B” en Ribadelouro. Asistirán o equipo redactor desta modificación do planeamento para resolver as cuestións técnicas e urbanísticas que poidan plantexar os interesados.

A modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito dos sectores sub2A e SU2B foi aprobada inicialmente en pleno o pasado 7 de decembro de 2016, sendo publicado o anuncio de exposición pública o pasado 19 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia. Ábrese agora un período de exposición pública de dous meses, tempo no que se poderán presentar as alegación que se estimen procedentes. Ao tempo durante un prazo de 2 anos, ou ata a aprobación definitiva da modificación,  suspéndese o outorgamento de licenzas  de obras e actividades e de parcelación nestes ámbitos.