Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Foucellas

Data: 
11/03/2017

Talía Teatro de Santiago de Compostela

Autor e director: Cándido Pazó
Escenografía: Dani Trillo
Música: Manuel 
Riveiro
Iluminación: Afonso Castro
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María 
Ordóñez e Artur Trillo

 

Ficción, mito e realidade xúntanse nunha proposta para pensar un momento 
histórico. Unha reflexión sobre a xestión da esperanza e a administración da 
derrota. A acción transcorre no ano 1952 e o protagonista é o Foucellas- maquis, 
guerrilleiro e resistente – que con teimosía, dúbidas, lealdade e certeza leva a 
cabo unha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal.

 

Xénero: Drama
Clasificada: Público adulto
Recomendada: + 13 
anos
Duración: 85 min.
http://www.taliateatro.gal
Prezos: 6€ - 
4,5€

Horario: 21.30h