Pleno ordinario da corporación municipal correspondente ao mes de xaneiro de 2021
A corporación municipal de Tui celebrará sesión nº 1/2021 de pleno ordinario o xoves, 28 de xaneiro de 2021, ás 20 h. Será a porta pechada para o público dada a actual situación sanitaria, e poderá seguirse en directo a través da Radio Municpial de Tui.
A orde do día é a seguinte:
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta de sesión anterior nº 11/2020, do 29 de decembro.
2º.- Expediente 2313/2020. Ditame favorable da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/01/2021, a proposta da concelleira de Facenda, de data 15/01/2021, sobre proxecto do Orzamento Municipal do Concello para o 2021.
3º.- Expediente 2317/2020. Ditame favorable da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/01/2021, a proposta da Alcaldía, de data 18/01/2021, relativa á modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui.
4º.- Expediente 826/2020. Ditame favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos, de data 21/01/2021, a proposta da Alcaldía, de data 12/01/2021, relativa a adxudicación no expediente de contratación do “Suministro de enerxía eléctrica no Concello de Tui”.
5º.- Mocións de Urxencia
B) Actividade de control:
6º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía: Do nº 1291, de 16/11/2020, ao nº 1563, de 31/12/2020. Do nº 1, de 04/01/2021, ao nº 55, de 22/01/2021.
C) Rogos e preguntas:
7º.- Rogos e preguntas.
Convocatoria sesión nº 1/2021 de pleno ordinario do xoves, 28 de xaneiro de 2021