Cinema "O que arde" de Oliver Laxe
O venres, 7 de febreiro, proxectarase no Teatro Municipal de Tui a película "O que arde" de Oliver Laxe producida por Miramemira. Será en dobre pase ás 19.30 h e ás 21.30 h.
O filme recibiu dous premios Goya, o de Mellor actriz revelación, para Benedicta Sánchez, e o de Mellor dirección de fotografía para Mauro Herce.
Sinopse: Amador regresa á súa casa, nunha aldea perdida nas montañas lucenses, tras cumprir condena por provocar un incendio. Volverá convivir coa súa nai, a súa cadela e as súas tres vacas. Todo cambia cando un violento lume arrasa a zona.
- Dirección: Oliver Laxe
- Guión: Oliver Laxe / Santiago Fillol
- Fotografía: Mauro Herce
- Montaxe: Cristóbal Fernández
- Son: David Machado, Sergio da Silva, Amanda Villavieja, Xavi Souto
- Vestiario: Nadia Acimi
- Produción: Miramemira, 4 a 4 Productions, Tarantula, Kowalski Films
- Reparto: Benedicta Sánchez, Amador Arias, Inazio Abrao, Elena Fernández, David de Poso e Álvaro de Bazal
- Xénero: Cinema/Drama
- Clasificada: +7
- Recomendada:
- Duración: 85 minutos
- Idioma: Galego
As entradas poranse á venda o sábado, 1 de febreiro, ás 0 h en www.culturatui.info até o venres 7 ás 12 h . Tamén se poderán adquirir o venres, 7 de febreiro, dende ás 20 h no despacho de billetes. Os prezos son 5€ a entrada xeral, e 4€ a entrada infantil e para as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos.