Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Muller Tui

O Concello de Tui conta cun Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado “Muller Tui”.

O programa integral Muller Tui ten por obxectivo brindar un servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico, pero tamén laboral e social a mulleres do Concello de Tui. Tamén busca impulsar a creación dunha rede de mulleres que, con acceso a estes recursos, sexan quen de mellorar a súa situación e proxecto vital e desenvolver a súa autonomía.

O programa está dirixido a mulleres tanto vítimas de violencia de xénero como a todas aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade: mulleres desempregadas, con baixa cualificación, con discapacidade, menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, migrantes, con responsabilidades familiares non compartidas, etc. e que precisen unha atención e asesoramento especializado. Respectará sempre a vontade das persoas usuarias e terá en conta os distintos perfís das mulleres participantes e en todo caso aplicando a perspectiva de xénero e a realidade posta de manifesto tras a emerxencia  sanitaria derivada da Covid 19.

Amais do servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico o programa impartirá 9 obradoiro de formación durante o mes de agosto e o de setembro. Terán por obxecto mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e dotalas dos recursos necesarios para mellorar  a súa participación social e laboral.

“MULLER TUI” é un programa integral para vitimas de violencia de xenero e mulleres vulnerables que nace dende a Concellería de Igualdade para brindar un servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico, pero tamen laboral e social a mulleres do Concello de Tui e para impulsar a creación dunha rede de mulleres que, con acceso a estes recursos, sexan quen de mellorar a súa situación e proxecto vital e desenvolver a súa autonomía.

Prestará servizo de asistencia psicolóxica:

  • Atención psicolóxica.
  • Realización de valoracións e orientacións psicolóxicas, así como a emisión dos informes que se consideren pertinentes.
  • Intervención individual.
  • Realización de informes psicolóxicos en aqueles supostos nos que sexan solicitados por organismos públicos.
  • Colaboración na elaboración de memorias e documentos.
  • Realización de prácticas de grupo e talleres de autoestima.
  • Fomento do asociacionismo e a participación cidadá das mulleres e do colectivo LGTBI.
  • Atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e, no seu caso, ás fillas, fillos e persoas menores ao cargo da muller vítima.
  • Atención específica a mulleres en situación de espacial vulnerabilidade co obxectivo de mellorar a súa situación persoal, social ou laboral.
  • Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre homes e mulleres e da necesidade da consecución de igualdade de dereitos e de integración social da diversidade.

Tamén servizo de asesoramento xurídico:

  • Consulta e asesoramento xurídico: tanto para mulleres en situación de violencia como de maneira preventiva, e en todas aquelas situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión
  • Información sobre recursos municipais e supramunicipais.
  • Facilitación do acceso á xustiza gratuita e intermediación cos/as profesionais designados/as que o precisen
  • Derivación e xestión de trámites con outros organismos ou departamentos.
  • Tramitación de axudas económicas, asistenciais e ás que se poida optar en xeral.
  • Apoio e coordinación cos Servizos Sociais e Municipais na atención ás usuarias dende a perspectiva xurídica e de xénero.
  • Organización/apoio na constitución e desenvolvemento da Mesa Local de coordinación Interinstitucional fronte a Violencia de Xénero e colaboración na posta en marcha de actividades dirixidas á erradicación da violencia e a desigualdade de xénero.

Os principios de actuación serán:

  • Confidencialidade.
  • Aplicación transversal da perspectiva de xénero nas distintas situacións expostas 
  • Fomento da  autonomía na toma de decisións das usuarias, facilitando o coñecemento das vías legais, xurídicas e extraxudiciais das que dispoñen.
  • Adaptación personalizada aos distintos perfis das usuarias.

O servizo completase coa impartición dun total de 9 obradoiro de formación orientados a mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e a dotalas dos recursos necesarios para mellorar  a súa participación social e laboral:

  • Martes, 11 de agosto, de 10 a 12 h Obradoiro de autocoñecemento
  • Venres, 14 de agosto, de 10 a 12 h Autocoidado e Empoderamento
  • Venres, 21 de agosto, de 10 a 12 h Sexualidade
  • Venres, 4 de setembro, de 10 a 12 Obradoiro "A actitude Multiplica"
  • Venres, 11 de setembro, de 10 12 h Dereitos e recursos que asisten ás vítimas de Violencia de Xénero
  • Venres, 18 de setembro, de 10 a 13 h Obradoiro Ideas de Negocio. Emprendemento
  • Martes, 22 de setembro de 10 a 12 Mercado laboral oportunidade de emprego
  • Xoves, 24 de setembro de 10 a 13 h Novas tecnoloxías na procura de emprego
  • Venres 25 e martes 29  de setembro de 9 a 14 h Módulo de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres

As mulleres interesadas poden solicitar este servizo e inscribirse nos obradoiros no correo muller@tui.gal e nos teléfonos 664 552 493 e  687 227 190.

O programa conta co financiamento da Xunta de Galicia  a través da Secretaría Xeral de Igualdade e é confinanciado pola Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e polo Concello de Tui.

Áreas: 
Igualdade