Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Romería de San Xián

A romaría de San Xián ou San Xulián ten lugar cada 27 de xaneiro no Parque Natural do Monte Aloia. Esta é a primeira das dúas romarías anuais que teñen lugar no Aloia. A outra, a das Angustias, celébrase o primeiro domingo de xullo.

Na capela do santo celébranse nas misas ao longo da mañá, e ao mediodía misa solemne con procesion. É tradición quedar a xantar cocido nesta data.

Nos últimos anos nesta data máis de medio centenar de tudenses saen dende o centro urbano até o cumio, parando nos muíños do Tripes para tomar as papas de millo. Antigamente invocábase a San Xulián para pedir choiva ou sol, e en función  da petición se colocaba ao  santo nun ou noutro lugar.